Campo galego é un medio dixital do sector agrario, editado pola empresa agrocomunicación sl.
buscamos unha persona con capacidade para gravar e editar vídeo informativo / marketing, e que se manexe na xestión de redes sociais.
responsabilidades gravar e editar vídeos.
xestionar redes sociais.
requisitos formación: grado en comunicación audiovisual, xornalismo, ou no seu defecto, ciclo formativo en marketing dixital / audiovisual.
capacidade na gravación e edición de vídeos.
valorarase experiencia profesional e portfolio de traballos realizados.
capacidade na xestión de redes sociais.
adicionalmente, valorarase capacidade e experiencia na escrita de textos informativos, de carácter xornalístico.
desexable certo coñecemento do sector agrario de galicia (gandería, agricultura, agroalimentación e forestal).
lugar de traballo posibilidade de traballar na oficina da empresa en santiago de compostela ou en modalidade de teletraballo, con residencia en calquera punto de galicia.
será preciso contar con vehículo propio para desprazamentos a gravacións.
retribución contrato inicial a media xornada segundo o convenio de prensa diaria, na categoría 3 (equivalente a redactor).
posibilidade de ampliación a xornada completa.
data prevista de incorporación segunda quincena de marzo de 2025.